Estás en:Emprego Premios PEL

PRAZO ABERTO DO 16 DE MAIO ATA O 18 DE XUÑO ÁS 14.00 HORAS

PREMIOS DO PLAN DE EMPREGO LOCAL

Desde o ano 2016 os Premios PEL distinguen, dan visibilidade e poñen en valor aquelas iniciativas empresariais transformadoras da sociedade no seu conxunto, que impulsen cambios reais no ámbito socioeconómico e deixen a súa pegada no territorio.
Considerado como un dos premios de maior dotación económica, recoñecen ás iniciativas transformadoras da provincia, fomentando a súa imaxe positiva e realzando o seu papel fundamental como xeradoras de riqueza, emprego e benestar, contribuíndo á súa sustentibilidade, fomentando a cultura emprendedora e potenciando o rural.

Pemes, microempresas, profesionais autónomos/as, concellos, e asociacións e clústers empresariais poden presentarse a algunha das categorías establecidas ou ser nominados polo Xurado de expertos.

Máis de 370 entidades teñen presentado a súa candidatura ao longo das súas cinco primeiras edicións, entre as que se repartiron un total de 350.000 euros en premios.

En definitiva, a VI edición dos Premios PEL pon de manifesto a forte aposta que está a realizar a presente corporación provincial polo emprendemento, polo fortalecemento do tecido empresarial, pola innovación no emprego e pola dinamización do rural, como peza clave no desenvolvemento económico da provincia e motor da nosa economía.

A SEXTA EDICIÓN

Nesta nova edición os Premios PEL outorgarán 18.000 euros aos primeiros clasificados nas seguintes categorías:


1ª CATEGORÍA: premio á mellor iniciativa transformadora nova
Destinada a recoñecer a labor das pequenas e medianas empresas, microempresas e
autónomos/as que iniciasen a súa actividade empresarial na anualidade 2023

2ª CATEGORÍA: premio á mellor iniciativa transformadora consolidada
Destinada a recoñecer a labor das pequenas e medianas empresas, microempresas e autónomos/as que comezasen a súa actividade empresarial durante a anualidade 2019 ou con anterioridade.

3ª CATEGORÍA: premio á mellor iniciativa verde
Destinada a recoñecer a labor das pequenas e medianas empresas, microempresas, autónomos/as, asociacións e clústers empresariais e concellos que conten con proxectos que teñan por obxectivo a transición ecolóxica e enerxética, a loita contra o cambio climático, a agricultura sustentable, a protección do medio ambiente, a preservación da biodiversidade, a economía circular e/ou o uso eficiente dos recursos.

Premio a proposta do xurado: á mellor iniciativa transformadora do rural
Para entidades que desenvolven iniciativas que impulsen cambios reais no ámbito socioeconómico da provincia, que conten con proxectos orientados ao desenvolvemento sostible e integrador de zonas rurais, favorezan á loita contra o despoboamento e contribúan a facer fronte ao reto demográfico e demais retos específicos en materia de desenvolvemento do territorio.

Ver preguntas frecuentes


Maio

16: Apertura do prazo de presentación de candidaturas

Xuño
  • 18 ás 14.00h: Peche do prazo de presentación de candidaturas
  • Selección de 10 finalistas por categoría
Xullo
  • Reunión do xurado de expertos
  • Acto de entrega de galardóns

  Plan de Emprego Local
Premio provincial ás iniciativas transformadoras da provincia

 Teléfono: 981 080 513

   email: premiospel@dacoruna.gal

 

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X